LOS ARCANOS DEL TAROT SARRY

Navegación más segura. Búsquedas más rápidas. Obtenga el Google Pack.

1.- A vida: Non agardes de mín máis do que che den os teus pais

2.-O emperante: Teño poderes a eito, agás sobre o cadaleito

3.-O carballo: Por mín otangarañado chegará a verse sanado

4.-O antroido: Aproveitar mentras hai sen acordar pai nin mai

5.-O pescador: Riba das augas camiño, mais quero mellor o viño

6.-O arcebispo: Deixade bés pró altar e así o ceo acadar

7.-As pampornigas: O que ten moito miolo, non anda lonxe de tolo

8.-O espantallo: Sempre novo e sempre vello, e non son o que semello

9.-O larpeiro: Enché-la andorga é máis serio que agardar céo lonxano

10.-A fonte: Levo canda mín a sorte. Dou a vida e dou a morte

11.-A ruda: pódoche dá-lo neno ou ser para él un veleno.

12.-O pendurado: Por home e non por muller de este xeito me hei de ver.

13.-A morte: Acada a miña gadaña ó pobre e ó rei de España.

14.-A roda da sorte:O que eu ergo está dereito, namentras eu non o deito.

15.-O gaiteiro: Que sorte tén o gaiteiro, con muller vivir solteiro

16.-A lua: Penduradiña alumnado e polo sol agardando.

17.-O abade: Para acadar felicidade, facede a miña vontade

18.-A condesa: Prá caza son silandeira, e prós homes ben lixeira

19.-O tolleito: Se té-las duas pernas tortas, fai por ter dereita a a outra.

20.-O namorado: O que está de amor alceso, fica nun suspiro preso

21.-O menciñeiro: Sabendo que o has de amañar, tés moza para te deitar

22.-O tolo: Quen leva o miolo baleiro non ten perda do diñeiro

23.-O pozo: Non fagas por afondar no que non has de acadar

24.-O mouro: Eu son o mouro, dono do tesouro

25.-O afiador: Mentras amolo o aceiro son o amo do vieiro.

26.-O ermitaño: Se non tés a quen falar, escusas de te enganar.

27.-O ferreiro: A ferramenta e a espada teñoa na ingle deitada

28.-O laberinto: Eu son o camiño certo, que leva ao lonxe ou ao perto.

29.-O pelegrin: Quen vive á conta da lenda aforra da sua facenda.

30.-A raíña: É más doado mandar que calar e traballar.

31.-O cazador: Polo día cos cervos no monte e coas pitas na casa de noite.

32.-O enguichado: Cal fero lobo espetado polo meu grande pecado.

33.-O mariscal: Co demo son quén a ousar; ninguén me pode coutar.

34.-A cega: Probe o que non pode ver: ¡Cánto perde de saber!

35.- O sol: Érgome sempre ao mencer e aos homes fago quencer

36.-A papisa: Vinde homes á beira miña que eu serei boa veciña

37.-A chufona: Quen pode ter duas olladas, sempre fara boas anadas

38.-O santo Grial: Vive o sangue no meu seo, que chega a tingui-lo ceo

39.-O ladrón: Eu fago a miña colleita do que o veciño sementa.

40.-O xoglar: teño gaita cantadora como ben sabe a señora.

41.-Camiñar e camiñar non teño nunca vagar.

42.-O labrego: Desfeito de traballar e nunca de probe pasar.

43.-A estrela: Sempre agardando espida por aquel que é a miña vida

44.-A meiga: Do inferno son a raiña, co demo a cabalo miña.

45.-O círculo: A terra, a auga, e o lume, erguen ao home do estrume

46.-A moza: Probe mociña solteira, se non topa quen a queira.

47.-A torre: O que ergue de mais a testa, perderá de estar na festa

48. –O diaño: O número dos tres seis, fainos do inferno reis.

Presentación en diapositivas